Sunday 28 de April de 2024

Cerdido e Ortigueira asinan un convenio para compartir un profesional da área de servizos sociais


• A administración cerdidense cederalle á ortigueiresa un profesional na área en días alternos

• Ambas entidades compartiran os gastos derivados da prestación do servizo

O Concello de Cerdido e o Concello de Ortigueira asinan un convenio polo que a partir de agora compartirán un profesional da área de servizos sociais.

A administración cerdidense, cederalle a dito profesional en días alternos despois de analizar que este acordo non suporá un menoscabo á atención sociocomunitaria da poboación local, e ao mesmo tempo, servirá como apoio ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Ortigueira.

O traballador social prestará os seus servizos en días alternos en cada concello, quedando exposto o seu calendario nas oficinas do Concello e na páxina web do Concello de Cerdido.

O servizo iníciase a vindeira semana e estará no Concello de Cerdido o martes e venres, e desprazarase ata o Concello de Ortigueira luns, mércores e venres. A semana do 25 ao 29 de setembro estará en Cerdido luns, mércores e venres, e en Ortigueira o martes e o venres.